Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte Fial, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Estás, no concello de Tomiño (Pontevedra), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión celebrada o día 20 de decembro de 2017, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Estás.

Nome do monte: Fial.

Cabida: 27.110 m2 (superficie que figura no título de propiedade expedido pola Consellería do Medio Rural, segundo a acta de protocolización da reorganización da propiedade e planos xerais da zona de concentración parcelaria dos Panascos, do 17 de xuño de 2008, baixo o número de protocolo novecentos corenta e oito do notario de Tui Jesús María Rodríguez Enríquez).

Estremas:

– Norte: parcela nº 144 da parroquia de Estás, entidade eclesiástica Santiago, e pista de concentración parcelaria.

– Sur: regato.

– Leste: pista de concentración parcelaria.

– Oeste: parcela 153 de Celty Domínguez Domínguez, parcela 152 de Irene Suárez Domínguez, parcela 150 de Rosendo Bouzada Lorenzo, e parcelas 144, 146, 147, 149 e 154.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992 do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 7 de marzo de 2018

Lorena Peiteado Pérez
Instrutora