Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17088

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2018.

Por Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 27 de decembro de 2017, aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2018 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).

O anexo A da citada resolución establece a relación de embarcacións e tripulantes autorizados para participaren neste plan de aproveitamento.

Con data do 6 de febreiro de 2018, o patrón maior da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo solicitou que se modifiquen os tripulantes autorizados nas embarcacións Curota, matrícula 3ª VILL-3-4-02, e Xoana con matrícula 3ª VILL-3-13-92.

Con data do 19 de febreiro de 2018, o patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo do Carril solicitou que se modifiquen os tripulantes autorizados nas embarcacións Mª del Carmen, matrícula VILL-3ª-2.652, e Porto, con matrícula VILL-3ª-10.131.

O cambio dos tripulantes non supón un aumento do número total de tripulantes autorizados ao dito plan.

Resolución:

Visto o exposto, acórdase a modificación dos tripulantes das embarcacións da confraría do Carril Mª del Carmen, matrícula VILL-3ª-2.652, e Porto, con matrícula VILL-3ª-10.131, e dos tripulantes das embarcacións da confraría de Rianxo Curota, matrícula 3ª VILL-3-4-02, e Xoana, con matrícula 3ª VILL-3-13-92, que figuran no anexo A da Resolución do 27 de decembro de 2017, e os tripulantes autorizados para participar neste plan pasan a ser os seguintes:

Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo do Carril:

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Mª del Carmen

VILL-3ª-2.652

Alfonso Barreiro Ferreirós

Porto

VILL-3ª-10.131

Rafael Ozores Grande

Begoña Barreiro Ferreirós

Confraría de pescadores Virxe do Carme de Rianxo:

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Curota

3ª VILL-3-4-02

Manuel Vidal Galbán

Eloy Vidal Galbán

Xoana

3ª VILL-3-13-92

Juan Diego Tembra Domínguez

Cristina Ces Ordóñez

Manuel Tembra Vilanova

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo de 1 mes desde a súa recepción, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 5 de marzo de 2018

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra