Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17847

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais de artes escénicas e de música e se convocan para o ano 2018.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo da axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumprir co establecido no artigo 4 da Lei 4/2008:

«Son fins da Agadic: c) Fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega co obxecto de promover a orientación ao mercado das empresas, mellorar a viabilidade dos seus proxectos, achegar recursos propios e aumentar o peso relativo do sector no sistema produtivo galego».

Así mesmo, o artigo 5 da Lei 4/2008 establece que, en consonancia cos seus obxectivos e fins, a Agadic exercerá as seguintes funcións: c) Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais. e) Estimular a creación, avivar o talento e a capacitación e incitar ao recoñecemento social e económico de artistas e autores e autoras, en canto subministradores de recursos inmateriais no proceso de produción. Tamén apoiará a colaboración entre empresas e creadores e creadoras como instrumento necesario para o impulso e asentamento do sector cultural.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbanse as bases e a convocatoria pública de subvencións a festivais profesionais de artes escénicas e de música.

Primeira. Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación

1. Esta resolución, en desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento CT213A).

2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de calquera organismo dependente dela.

3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.

4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

5. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

d) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

E, supletoriamente:

e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Lei 39/2015, do 16 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

6. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

7. As subvencións serán concedidas, de acordo cos principios sinalados no parágrafo anterior, mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Segunda. Persoas beneficiarias

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar). Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

De acordo co establecido no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que as entidades locais cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

2. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

Terceira. Modalidades de axuda e imputación de créditos

1. O financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias. Destínase un total de 460.000 euros, dos cales 280.000 euros son para a modalidade A: festivais de música, e 180.000 euros para a modalidade B: festivais de artes escénicas, das aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.460.0, 155.000 euros; 10.A1.432B.470.0, 155.000 euros, e 10.A1.432B.481.0, 150.000 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2018. Ao estar distribuída a contía total máxima das subvencións convocadas entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria, tal e como se recolle no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarta. Contía

A contía das subvencións determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, o orzamento do proxecto, o importe solicitado e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. O máximo que se pode solicitar e conceder é de 50.000 euros.

A porcentaxe máxima de concesión de subvención a través desta convocatoria a un festival non poderá exceder o 50 % do seu orzamento subvencionable, salvo para as solicitudes conxuntas de entidades locais, ou solicitudes de entidades resultantes de fusión, que poderá alcanzar ata un máximo do 65 % do orzamento subvencionable.

Quinta. Requisitos

Para poder optar ás subvencións, o festival ten que cumprir os requisitos seguintes:

a) Celebración: o festival debe levarse a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro que desenvolvan a maioría das actividades neste período.

b) Antigüidade: o festival ten que ter realizado un mínimo de dúas edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) Contratación artística: o festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable para a modalidade A (festivais de música) e un 30 % do orzamento subvencionable para a modalidade B (festivais de artes escénicas).

d) Programación: o festival debe ofrecer un mínimo de seis compañías ou grupos.

e) Presenza de compañías galegas: só para a modalidade B (festivais de artes escénicas), as formacións ou compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 20 % do orzamento de contratación profesional artística do festival ou un mínimo do 30 % do total das actuacións profesionais artísticas que se ofrezan. Quedan excluídos do cumprimento deste requisito os festivais presentados á modalidade A (festivais de música).

f) Entradas de pago: polo menos un 50 % dos concertos ou representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de artes escénicas de rúa.

Quedarán excluídos de subvención aqueles festivais que non alcancen un mínimo de 50 puntos nos criterios de valoración. Non terán dereito a recepción de axuda aqueles festivais que non alcancen, polo menos, 25 puntos na valoración do proxecto para o que se solicita subvención (epígrafes A.2 e B.2. de cada modalidade da base décimo segunda). Na programación do festival non poderán incluírse, en ningún caso, funcións contratadas a través da Rede galega de teatros e auditorios ou da Rede galega de música ao vivo.

Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades subvencionadas, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Sexta. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Estas bases, as solicitudes e os anexos que se xuntan, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo
web https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos, nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sétima. Prazos para a instrución e tramitación das solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Oitava. Documentación requirida ás persoas solicitantes

1. Ademais da solicitude (anexo I), as persoas interesadas nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

– Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

2. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os devanditos documentos.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da persoa xurídica solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

3. Documentación complementaria:

Ademais do anexo II (requisitos para acceder á subvención), as persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación complementaria segundo a modalidade a que opten:

A. Modalidade A: festivais de música.

A.1. Memoria do festival en edicións anteriores (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, das seguintes epígrafes:

A.1.1. Antigüidade do festival.

A.1.2. Recoñecementos acadados.

A.1.3. Interese artístico das programacións.

A.1.4. Interese estratéxico para o sector, liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego.

A.1.5. Capacidade de convocatoria nas dúas últimas edicións (excluída a edición obxecto desta convocatoria), en que se consigne a asistencia de público.

A.2. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa as seguintes epígrafes:

A.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

A.2.2. Presenza de grupos de música galegos (anexo III).

A.2.3. Duración do festival (anexo III).

A.2.4. Número de grupos de música contratados (anexo III). Non se incluirán outras disciplinas artísticas, que deberán sinalarse nas actividades complementarias.

A.2.5. Repercusión na creación e fomento de público.

A.2.6. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (representacións de artes escénicas, obradoiros, concursos…). Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.

A.2.7. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto.

A.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo terceira, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo V).

B. Modalidade B: festivais de artes escénicas.

B.1. Memoria do festival en edicións anteriores (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, das seguintes epígrafes:

B.1.1. Antigüidade do festival.

B.1.2. Recoñecementos acadados.

B.1.3. Interese artístico das programacións.

B.1.4. Interese estratéxico para o sector: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego.

B.1.5. Repercusión, incidencia e impacto no territorio.

B.2. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa as seguintes epígrafes:

B.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

B.2.2. Duración do festival (anexo IV).

B.2.3. Producións, coproducións ou residencias do festival (anexo IV).

B.2.4. Estreas a nivel nacional no festival (anexo IV).

B.2.5. Repercusión na creación e fomento de públicos.

B.2.6. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (concertos, obradoiros, concursos, certames…) realizadas polo festival. Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.

B.2.7. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto.

B.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo terceira, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo V).

B.4. Compromiso de produción, coprodución ou residencia en que consten as condicións económicas e/ou técnicas deste.

– Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Novena. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Décima. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Subvencións, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Agadic, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a agadic@xunta.gal

Décimo primeira. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirir as persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

3. Para cada unha das modalidades, a avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira será a avaliación dos criterios automáticos establecidos na base décimo segunda, e será levada a cabo por unha comisión formada por persoal da Agadic. A segunda será a avaliación dos criterios artísticos da base décimo segunda e será levada a cabo por unha comisión formada por expertos na materia. A puntuación final dos proxectos propostos para seren subvencionados consistirá na suma de ambas as valoracións.

As dúas comisións de cada modalidade reuniranse para poñer en común o resultado de cada unha das fases e emitirán un informe relacionando os proxectos examinados por orde de prelación, indicando a puntuación asignada a cada un deles e farán unha proposta dos que se consideran subvencionables.

4. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte das comisión de valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

Décimo segunda. Comisións de valoración e criterios

1. Por cada modalidade, para a avaliación das solicitudes presentadas constituiranse dúas comisións de valoración, das cales non poderán formar parte aquelas persoas que estean directa ou indirectamente relacionadas cos expedientes obxecto de valoración. Tanto estas comisións como o órgano instrutor especificado na base anterior poderán solicitar dos interesados cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta baremación dos proxectos.

As comisións serán nomeadas polo director da Agadic e estarán integradas por:

1) Un membro do cadro de persoal da Agadic, que exercerá as funcións de secretario das comisión, con voz e sen voto, de ambas as modalidades.

2) Para a avaliación dos criterios automáticos de ambas as modalidades, dúas persoas do cadro de persoal da Agadic dos grupos I e/ou II.

3) Para a avaliación dos criterios artísticos, tres expertos externos nomeados pola dirección da Agadic de entre persoas de recoñecido prestixio no mundo das artes escénicas para a modalidade B (festivais de artes escénicas) e outros tres do eido musical para a modalidade A (festivais de música).

A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria anual.

2. A puntuación máxima será de 145 puntos.

3. As solicitudes teñen que ser valoradas de acordo cos criterios seguintes, comúns a todo tipo de entidades, dependendo da modalidade á que se presenten:

Modalidade A: festivais de música.

A. Criterios automáticos.

A.1. Traxectoria e dimensión do festival en edicións anteriores: 15 puntos.

A.1.1. Antigüidade: ata 3 puntos, excluída a edición obxecto desta convocatoria:

– De 2 a 5 edicións: 1 punto.

– De 6 a 10 edicións: 2 puntos.

– Máis de 10 edicións: 3 puntos.

A.1.2. Recoñecementos acadados: ata 2 puntos. Non se terán en conta os premios e recoñecementos non acreditados convenientemente nin os que non veñan reflectidos no anexo correspondente.

– 0,5 por recoñecemento/premio.

A.1.3. Capacidade de convocatoria nas dúas últimas edicións realizadas: ata 10 puntos. Valorarase a asistencia de público, debidamente acreditada (follas de billeteira, facturas de pagamento dos dereitos de propiedade intelectual, plataformas dixitais de vendas, etc.), nas dúas últimas edicións realizadas (excluída a edición obxecto desta convocatoria) coa seguinte desagregación.

– Ata 3.000 persoas: 2 puntos.

– Entre 3.001 e 6.000: 4 puntos.

– Entre 6.001 e 15.000: 6 puntos.

– Entre 15.001 e 25.000: 8 puntos.

– Máis de 25.000: 10 puntos.

A.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 16 puntos.

A.2.1. Nivel de contratación artística galega: ata 8 puntos. Valorarase o orzamento de contratación artística de grupos de música galegos. Non se terán en conta para este criterio os grupos de música «por determinar».

– Do 10 ao 20 % da contratación artística do festival: 2 puntos.

– Entre o 21 e o 30 %: 4 puntos.

– Entre o 31 e o 40 %: 6 puntos.

– Máis do 40 %: 8 puntos.

A.2.2. Duración do festival: ata 4 puntos.

– Ata 2 días de duración: 1 punto.

– De 3 a 4 días: 2 puntos.

– Máis de 4 días: 4 puntos.

A.2.3. Número de grupos de música contratados: ata 4 puntos.

– De 7 a 10: 1 punto.

– De 11 a 15: 2 puntos.

– Máis de 15: 4 puntos.

A.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: 20 puntos.

A.3.1. Concertos de pago de entrada: ata 8 puntos.

– Entre o 51 % e o 70 %: 4 puntos.

– Entre o 71 % e o 90 %: 6 puntos.

– Máis do 90 %: 8 puntos.

A.3.2. Porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento presentado (sen IVE) do proxecto, máximo 5 puntos.

– Entre o 30 % e o 50 %: 2 puntos.

– Menos do 30 % e ata o 20 %: 3 puntos.

– Menos do 20 %: 5 puntos.

A.3.3. Achegas de fondos propios da entidade organizadora e patrocinios de entidades privadas, máximo 7 puntos. Valoración do nivel de patrocinios e fondos propios con que conta a entidade para levar a cabo a actividade con respecto ao orzamento presentado, sen IVE.

– Entre o 20 % e o 30 %: 2 puntos.

– Entre o 31 % e o 50 %: 4 puntos.

– Máis do 50 %: 7 puntos.

B. Criterios artísticos.

B.1. Traxectoria e dimensión do festival en edicións anteriores: 15 puntos.

B.1.1. Interese artístico das programacións realizadas: ata 10 puntos.

B.1.2. Interese estratéxico para o sector: ata 5 puntos. A comisión valorará as liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego realizadas polo festival en edicións anteriores.

B.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 34 puntos.

B.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos: ata 20 puntos.

B.2.2. Repercusión na creación e fomento de públicos: ata 5 puntos.

B.2.3. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (representacións de artes escénicas, obradoiros, concursos…) realizadas polo festival: ata 5 puntos.

B.2.4. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto: ata 4 puntos.

Modalidade B: festivais de artes escénicas.

A. Criterios automáticos.

A.1. Traxectoria e dimensión do festival nas edicións anteriores: 5 puntos.

A.1.1. Antigüidade: ata 3 puntos, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

– De 2 a 5 edicións: 1 punto.

– De 6 a 10 edicións: 2 puntos.

– Máis de 10 edicións: 3 puntos.

A.1.2. Recoñecementos acadados: ata 2 puntos. Non se terán en conta os premios e recoñecementos non acreditados convenientemente nin os que non veñan reflectidos no anexo correspondente.

– 0,5 por recoñecemento/premio.

A.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 15 puntos.

A.2.1. Duración do festival: ata 4 puntos.

– Ata 3 días de duración: 1 punto.

– De 3 a 5 días: 2 puntos.

– Máis de 5 días: 4 puntos.

A.2.2. Producións, coproducións ou residencias do festival: ata 5 puntos.

– 1 punto por cada produción, coprodución ou residencia, acreditados mediante compromiso asinado coa entidade, en que consten as súas condicións económicas e/ou técnicas.

A.2.3. Estreas a nivel nacional no festival: ata 6 puntos.

– 1,5 punto por cada estrea.

A.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: 25 puntos.

A.3.1. Representacións de artes escénicas de pago de entrada: ata 10 puntos.

– Entre o 50 % e o 70 %: 5 puntos.

– Entre o 71 % e o 90 %: 7 puntos.

– Máis do 90 %: 10 puntos.

A.3.2. Porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento subvencionable (sen IVE) do proxecto: ata 5 puntos.

– Entre o 30 % e o 50 %: 2 puntos.

– Menos do 30 % e ata o 20 %: 3 puntos.

– Menos do 20 %: 5 puntos.

A.3.3. Achegas de fondos propios da entidade organizadora e patrocinios de entidades privadas: máximo 10 puntos. Valoración do nivel de patrocinios e fondos propios con que conta a entidade para levar a cabo a actividade con respecto ao orzamento subvencionable, sen IVE.

– Entre o 20 % e 30 %: 2 puntos.

– Entre o 31 % e 50 %: 6 puntos.

– Máis do 50 %: 10 puntos.

B. Criterios artísticos.

B.1. Traxectoria e interese cultural e artístico do festival nas edicións anteriores: 20 puntos.

B.1.1. Interese artístico das programacións realizadas: ata 10 puntos.

B.1.2. Interese estratéxico para o sector: ata 5 puntos. A comisión valorará as liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego realizadas polo festival en edicións anteriores.

B.1.3. Repercusión, incidencia e impacto no territorio: ata 5 puntos.

B.2. Valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención: 35 puntos.

B.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos: ata 20 puntos.

B.2.2. Repercusión na creación e fomento de públicos: ata 5 puntos.

B.2.3. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (concertos, obradoiros, concursos, certames…) realizadas polo festival: ata 5 puntos.

B.2.4. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto: ata 5 puntos.

4. Como puntuación adicional, en cumprimento do acordo do Consello da Xunta polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, outorgaráselles ata 45 puntos a aquelas solicitudes que cumpran as seguintes condicións:

a) Agrupacións de concellos baixo calquera fórmula agás a de fusión municipal:

– 15 puntos por presentación de solicitudes conxuntas.

– Ata 15 puntos, segundo os seguintes criterios:

a. Número de concellos asociados: ata 5 puntos.

b. Número de servizos que se van prestar de forma compartida: ata 5 puntos.

c. Repercusión sobre o número total de poboación: ata 5 puntos.

– Pola valoración da memoria explicativa do aforro de custos que supón a prestación conxunta sobre a individual: ata 15 puntos.

b) Fusión municipal. Pola simple presentación da solicitude por parte da entidade resultante da fusión: 45 puntos.

Décimo terceira. Resolución da convocatoria

1. O presidente do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa, no prazo de quince (15) días desde a data de elevación das propostas de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia, será motivada e fará mención expresa das persoas beneficiarias, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

2. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo, caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. Transcorrido o prazo máximo previsto para resolver o procedemento sen que se dite ou publique resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo da solicitude de concesión da subvención.

8. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

9. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicaranlle á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada. Ademais, a entidade beneficiaria deberalle remitir á Agadic o orzamento (anexo V), adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de dez (10) días, contados desde a notificación da resolución de concesión.

Deberá comunicarse por escrito á persoa beneficiaria o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de axuda de minimis exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Décimo cuarta. Pagamento e xustificación. Documentación requirida

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co programa e/ou proxecto presentados e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados.

2. A Agadic, consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia e no 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboar como pagamento anticipado, que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de acordo coas seguintes condicións:

– Cando o importe da subvención non supere os 18.000 euros, ata un 80 % da subvención concedida, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

– Cando o importe da subvención concedida supere os 18.000 euros, ademais, un 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000 euros, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe restante aboarase tras a acreditación pola persoa beneficiaria do cumprimento total das obrigas establecidas nestas bases.

3. As persoas beneficiarias que reciban pagamentos anticipados, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento á conta, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exoneradas da constitución de garantía as persoas beneficiarias e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, debidamente agrupadas e, se procede, as cantidades inicialmente orzadas e as desviacións que se producisen. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

c) Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, orixinais ou compulsados, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento bancario pola persoa beneficiaria, orixinais ou compulsados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

d) Programas de man e/ou carteis, e calquera outro material promocional, publicitario ou informativo empregado na campaña de difusión.

e) Acreditación documental das entradas postas á venda (follas de billeteira, facturas de pagamento dos dereitos de propiedade intelectual, plataformas dixitais de vendas, etc.).

5. No suposto de que a persoa beneficiaria da subvención sexa unha entidade local, estará obrigada a xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do festival e o seu custo real, mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada por:

– Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

– Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

a. O cumprimento da finalidade da subvención.

b. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

c. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa orixe.

d. Se é o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, estas estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos da subvencións concedidas. No caso de realizarse pagamentos anticipados, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado por parte da entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación.

6. O prazo de xustificación da subvención concedida rematará no prazo máximo de catro meses desde a notificación da adxudicación para os que finalicen antes desta, e máximo de catro meses desde a data de finalización do festival para os que finalicen despois da adxudicación, e sen que en ningún caso supere o día 15 de novembro de 2018. Transcorrido o prazo de xustificación sen que se presente esta ante a Agadic, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez (10) días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

7. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto a persoa beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

8. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis pola entidade beneficiaria nos tres últimos anos (anexo VI).

Décimo quinta. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se inclúan entre os seguintes:

– Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte, no cal se fará constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, seguindo as súas normas de identidade corporativa.

– Alugamento de espazos e servizos e equipamentos técnicos.

– Cachés dos grupos e compañías.

– Dotación de premios outorgados polo festival.

– Gastos de viaxes e aloxamento doas persoas participantes nas actividades propostas, excluídas as mantenzas.

– Gastos derivados da xestión dos dereitos de autor.

Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

2. En ningún caso serán subvencionables:

– Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.

– Os gastos de soldos, salarios ou calquera outro tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora do festival.

– Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio da persoa solicitante.

– Gastos protocolarios.

– Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.

– Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Décimo sexta. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias da subvención teñen que cumprir as obrigas seguintes:

a) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Notificar á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, con posterioridade á presentación da solicitude da convocatoria correspondente.

d) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

e) Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, excepto no suposto de que o festival se iniciase antes da presentación da solicitude.

f) A persoa beneficiaria deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

g) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

Décimo sétima. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

2. A persoa beneficiaria ten a obriga de solicitarlle á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos na base quinta das presentes bases.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, motivadamente, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

Décimo oitava. Reintegro

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes, nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file