Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 18008

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á revogación de delegacións de xestión e recadación de recursos locais realizadas polo Concello de Ribadumia a favor da Deputación.

O Pleno do Concello de Ribadumia, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 2017, adoptou o acordo de aprobar a revogación das delegacións efectuadas a favor da Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL para a xestión e recadación en voluntaria e executiva de diversas taxas e impostos.

Ante esta petición do Concello de Ribadumia, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

1. Aceptar a revogación de todas as delegacións de xestión e recadación de recursos locais realizadas polo Concello de Ribadumia na Deputación de Pontevedra (ORAL), tal e como figura no Acordo plenario do Concello do 21 de decembro de 2017, incluíndo a xestión de recadación dos ingresos delegados segundo o convenio asinado o día 8 de marzo de 2010.

2. Extinguir, para todos os efectos, os convenios de delegación da xestión catastral, tributaria, inspectora e recadadora co Concello de Ribadumia con efectos do día seguinte ao da publicación deste acordo no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Por aplicación dos principios de seguridade xurídica, continuará a Deputación Provincial de Pontevedra cos procedementos de xestión e recadación de todos aqueles valores cuxa liquidación se aprobou antes de dita data.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2018

María del Carmen Silva Rego Carlos Cuadrado Romay

Presidenta da Deputación Provincial Secretario da Deputación Provincial

de Pontevedra de Pontevedra