Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2018 polo que se modifica a Resolución do 28 de febreiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de modelos en vivo para a Facultade de Belas Artes desta universidade (expediente 304/18).

O órgano de contratación da Universidade de Vigo, mediante Resolución reitoral do 19 de marzo de 2018, aprobou unha rectificación de erros que afecta á concreción de solvencia que se exixe aos licitadores. Así mesmo, na referida resolución reitoral acórdase publicar un anuncio rectificativo da licitación nos boletíns oficiais que correspondan para outorgar aos licitadores un novo prazo de presentación de ofertas.

Como consecuencia, modifícase o anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo de 2018, que queda redactado da seguinte maneira:

Onde di:

«7. Requisitos específicos do contratista. b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares»,

Debe dicir:

«7. Requisitos específicos do contratista. b) Outros requisitos específicos: de conformidade co disposto no artigo 64 do TRLCSP, e á marxe da acreditación da clasificación ou da solvencia económico financeira e técnica e profesional, o licitador comprométese a dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais que se indican a continuación:

• Medios a adscribir: o licitador comprométese a adscribir á execución do contrato 3 modelos femininos e 3 masculinos que posúan experiencia en traballos análogos.

• Requisito mínimo: o persoal destinado á execución do contrato deberá posuír experiencia no últimos cinco anos en traballos análogos ao obxecto deste contrato, entenderase como tales os servizos da seguinte natureza: pasarela, fotografía, debuxo, publicidade, pousado e similares. O período abarca: ano 2013 (desde o día equivalente ao seguinte ao do final do prazo de presentación de ofertas ata o 31 de decembro dese ano), os anos 2014, 2015, 2016 e 2017 completos e o ano 2018 ata o día final do prazo de presentación de ofertas.

• Documentación acreditativa: presentación da declaración de solvencia técnica e concreción de solvencia (anexo E-II) asinada polo aspirante a adxudicatario. Nela figurarán identificadas as persoas adscritas á execución do contrato con indicación do seu nome e apelidos, así como a relación de traballos efectuados en que participou cada unha das persoas e en que se acredite a experiencia exixida. A relación de traballos especificará o traballo realizado (breve descrición), a organización ou empresa destinataria, a empresa desde a que prestou o servizo e as datas de inicio e de fin. A relación de traballos irá acompañada dun certificado emitido pola empresa ou ente en que o modelo prestou o servizo e en que conste identificado o traballo desenvolto e o ano de execución. Para os efectos da valoración da relación ou non co obxecto do contrato correspondente á presente contratación, na documentación que se remita xunto co anexo E-II deberán estar correctamente identificados e descritos os traballos realizados, así como o período en que se realizaron e os destinatarios. Igualmente presentarase documento que acredite a efectiva disposición do persoal para a súa adscrición a este contrato (contrato laboral, precontrato ou compromiso laboral).

– Este compromiso anterior intégrase no contrato e constitúe un deber esencial para os efectos do indicado no artigo 223, letra f) do TRLCSP (artigo 64.2 do TRLCSP): si.

– Impóñense penalizacións en caso de incumprimento, conforme o disposto no artigo 212.1 do TRLCSP: si.

– Nota: o aspirante a adxudicatario fará efectiva a acreditación deste medio no prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, segundo o disposto no número 2 do artigo 151 do TRLCSP».

Onde di:

«8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación: 3.4.2018»,

Debe dicir:

«8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación 30.4.2018».

Con data 19 de marzo de 2018 remitiuse ao Diario Oficial de la Unión Europea o anuncio relativo á información adicional, información sobre procedementos incompletos ou rectificativos.

Vigo, 19 de marzo de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo