Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18134

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2018.

Conforme o disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; no artigo 19 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017; nos artigos 12 e 35 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018; no artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos da Universidade da Coruña (UDC) e no acordo do Consello de Goberno do 28 de febreiro de 2018 polo que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2018 de prazas estables de persoal docente e investigador da Universidade da Coruña, logo da negociación cos órganos de representación do persoal docente e investigador e unha vez obtida a autorización da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, con data 6 de marzo de 2018, tal e como se determina nos artigos 12 e 35 da Lei 8/2017,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da UDC para o ano 2018.

Segundo. En aplicación do artigo 19.Un.2.J.) da Lei 3/2017, dentro do límite da taxa de reposición correspondente ao corpo de profesores titulares de universidade e aos profesores contratados doutores destínanse cinco prazas (catro de profesor/a titular e unha de contratado/a doutor/a) para a incorporación de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón e Cajal e obtivese o certificado I3.

Terceiro. As convocatorias dos concursos de acceso derivados desta oferta publicaranse no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, para garantir a publicidade exixida nos artigos 62 e 48.3 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e executaranse dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

Esta oferta de emprego inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo.

A OEP das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos para a Universidade da Coruña, nin aos demais límites fixados na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

A Coruña, 21 de marzo de 2018

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Oferta de emprego público do persoal docente e investigador da
Universidade da Coruña para o ano 2018

1. Sistema de acceso libre.

1.1. Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios.

Corpo

Número de prazas

Profesor/a titular de Universidade

20

Catro das prazas resérvanse para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e dispoña da certificación I3

1.2. Persoal docente e investigador contratado.

Categoría

Número de prazas

Profesor/a contratado/a doutor/a

10

Unha das prazas resérvanse para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e dispoña da certificación I3

1.3. Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios con praza vinculada no Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Con data do 20 de febreiro de 2018 a Xerencia do Servizo Galego de Saúde comunicou a cesión á Universidade da Coruña de 3 prazas da taxa de reposición correspondente ao exercicio 2018 do ámbito sanitario do Sergas, para os efectos da convocatoria de prazas de corpos docentes universitarios vinculadas a prazas asistenciais de facultativos do Servizo Galego de Saúde, cesión acordada pola Comisión Mixta do concerto entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña na sesión celebrada o 20 de xuño de 2016.

Categoría

Número de prazas

Profesor/a titular de universidade con praza vinculada no Sergas

3

2. Sistema de acceso promoción interna.

En aplicación do disposto na disposición final segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, que modifica o artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, inclúense na OEP para o ano 2018 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:

Corpo

Número de prazas

Catedrático/a de universidade

23