Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2018 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Mar, do 8 de setembro de 2017, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 15 de marzo de 2017.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Ramón Rodríguez Lado da concesión administrativa outorgada a Mercedes Iglesias Pomares da praza de amarre 36D nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Concesionario: Ramón Rodríguez Lado.

Prazo: ata o 30.10.2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 18 m2.

– Resolución: 27 de outubro de 2017.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Germán Enrique Blanco Valdés da concesión administrativa outorgada a Luisa María Pérez Rodríguez da praza de amarre 27C nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Concesionario: Germán Enrique Blanco Valdés.

Prazo: ata o 27.10.2017.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcaciones deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

– Resolución: 16 de febreiro de 2018.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Complejo San Cristóbal, S.A. da concesión administrativa outorgada a Marcos Sánchez del Valle García da plaza de amarre 02A nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Concesionaria: Complejo San Cristóbal, S.A.

Prazo: ata o 8.9.2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 48 m2.

– Resolución: 16 de febreiro de 2018.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de José Luis López-Sendon Hentschel da concesión administrativa outorgada a Marina Navas Carpizo da praza de amarre 28C nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Pedras Negras.

Porto: Pedras Negras.

Concesionario: José Luis López-Sendon Hentschel.

Prazo: ata o 8.9.2028.

Taxas: taxas portuarias vixentes de aplicación ás embarcacións deportivas e de lecer.

Superficie: 24 m2.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia