Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18260

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de marzo de 2018 de autorización administrativa á Unión de Artesanos, mutualidade de previsión social a prima fixa, para ampliar o seu ámbito de actividade a toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 20.2 da Lei 20/2015, do 14 de xullo, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, Unión de Artesanos, mutualidade de previsión social a prima fixa, presentou na Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos solicitude de autorización administrativa para ampliar o seu ámbito de actividade a toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Da documentación que se xunta coa solicitude formulada, despréndese que a mutualidade cumpre os requisitos previstos no artigo 7 do Real decreto 1060/2015, do 20 de novembro, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, para a ampliación do ámbito de actividade a toda a Comunidade Autónoma.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Política Financeira,Tesouro e Fondos Europeos,

RESOLVO:

Primeiro.

Autorizar a entidade Unión de Artesanos, mutualidade de previsión social a prima fixa para ampliar o ámbito do exercicio da súa actividade de asistencia sanitaria a toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.

Realizar a correspondente anotación rexistral no Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social non integradas na Seguridade Social, creado pola Orde da Consellería de Economía e Facenda do 5 de maio de 1999.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo, recurso de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10.1.a), 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda