Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18359

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018, do tribunal nomeado para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, convocada pola Resolución do 11 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro), pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as coa baremación definitiva de méritos.

En sesión que tivo lugar o día 20 de marzo de 2018, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro do 2018 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro) pola que se nomea o tribunal de selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, despois de publicar a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da puntuación provisional de méritos (DOG núm. 48, do 8 de marzo) na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de admitidos coa baremación definitiva de méritos para a praza obxecto da convocatoria.

A dita relación publicarase na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios.

Segundo. De acordo coa base sexta da convocatoria, o tribunal proponlle á Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde como aspirante a contratar para ocupar a praza obxecto da convocatoria a aquel/a que acadou a maior puntuación na relación definitiva de admitidos coa baremación definitiva de méritos, que deberá presentar, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, a seguinte documentación ante a Axencia:

– Tarxeta sanitaria e/ou número de afiliación á Seguridade Social.

– Certificado médico oficial ou informe de saúde en que se acrediten os aspectos sinalados na base 2.1.4 da convocatoria.

– Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas para os efectos de acreditar os aspectos sinalados na base 2.1.6 da convocatoria.

Se o/a candidato/a seleccionado/a non presentase a documentación no prazo establecido, ou presentase a súa renuncia á contratación (caso no cal se fará mediante solicitude expresa ao respecto, no mesmo prazo sinalado no punto anterior), resultará automaticamente seleccionado/a o/a seguinte aspirante segundo a orde de prelación da listaxe de baremación definitiva de méritos, que deberá presentar nun novo prazo de 5 días hábiles a documentación citada no punto 6.5 da convocatoria.

Despois de seleccionado/a o/a candidato/a e presentada a súa documentación, segundo o establecido nos puntos anteriores, comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, formalizarase a contratación obxecto da convocatoria.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do artigo 121.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

María Isabel Barros Pena
Presidenta do tribunal