Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 5/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 5/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Blanco Pérez contra Voz y Datos Comunicaciones, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

PO procedemento ordinario 5/2016.

Procedemento de orixe: monitorio 998/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade nº 5/2016.

Demandante: Rubén Blanco Pérez.

Letrada: Sra. Martínez Alvedro.

Demandada: Voz y Datos Comunicaciones, S.L.

«Sentenza número 74/2018.

A Coruña, 7 de febreiro de 2018.

Resolución:

– Estimo a demanda formulada por Rubén Blanco Pérez fronte a Voz y Datos Comunicación, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a lle aboar ao primeiro a suma total de 2.153,18 euros en concepto de débeda salarial, así como o xuro do 10 % da dita suma.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Voz y Datos Comunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza