Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18538

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia para a posta á disposición dos espazos precisos e os traballos de apoio para a realización da 12ª convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional.

De conformidade co artigo 8.1.b) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Economía, Emprego e Industria á Fundación Semana Verde de Galicia, coas seguintes características:

– Resolución do 8 de marzo de 2018 pola que se encarga á Fundación Semana Verde de Galicia a posta á disposición dos espazos precisos e os traballos de apoio para a realización da 12ª convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional.

– Actividade: realizar os traballos de apoio para a realización das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na devandita resolución, relativos ás obrigas da fundación, ás directrices de execución e ao cronograma das actividades que se van desenvolver.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: do 8 ao 18 de maio de 2018.

– Orzamento: 39.711,00 €.

– Financiamento: tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.323A.226.13 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria