Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de marzo de 2018 polo que se sinala a data para o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (punto quilométrico 0+200-0+620) no concello de Oleiros (clave AC/16/092.06).

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Oleiros, con motivo das obras de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620), no termo municipal de Oleiros, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Oleiros.

Lugar: Casa Charry.

Data: 12 de abril de 2018.

Hora: 10.00 horas.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

Este acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, polo que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se puidese practicar.

A Coruña, 19 de marzo de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña