Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle do ámbito 04 do ARI de Vite. Avenidas de García Lorca e Castelao e rúa de Celso Emilio Ferreiro.

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de decembro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle do ámbito 04 do ARI de Vite (avenidas de García Lorca e Castelao e rúa de Celso Emilio Ferreiro), segundo o proxecto redactado pola arquitecta Cristina Ansede Viz, presentado no Rexistro Xeral do Concello o día 19 de decembro de 2017.

O estudo de detalle contén a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polo artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, que habilita a ocupación do dominio público e das superficies comúns de uso privativo para a instalación de ascensores ou outros elementos que aseguren a accesibilidade universal, así como para a realización de obras ou instalacións que reduzan a demanda enerxética.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da Lei do solo de Galicia e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, efectuaranse notificacións individuais aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-do-ambito-04-do-ARI-de-Vite.-Avenidas-de-Garcia-Lorca-e-Castelao-e-rua-de-Celso-Emilio-Ferreiro/gl.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28 de xuño de 2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda
Mobilidade e Relacións Veciñais