Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de marzo de 2018 polo que se notifica o acordo de imposición dunha primeira multa coercitiva, derivado do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.43014.

O 15 de febreiro de 2018 ditouse acordo polo que se lle impón a Mercedes Rodríguez Fafián unha primeira multa coercitiva e se lle sinala o prazo dun mes para o cumprimento da obriga de repor imposta na resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.43014.

Intentada a notificación do dito acordo por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o acordo á interesada e fáiselle saber que unha copia está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para notificar o dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

O importe da multa coercitiva deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, de recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial xa referidas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia