Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de marzo de 2018 pola que se comunica execución forzosa de retirada de embarcación das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Náutica Porta Norte, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, a execución forzosa por Portos de Galicia da retirada da embarcación atracada na praza número P6-16F das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

A retirada forzosa e posterior varada da embarcación, que se levará a cabo nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, lévase a cabo polo incumprimento dos termos da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 1 de decembro de 2017, que decreta a caducidade da autorización de atracada número P6-16F das instalacións náutico deportivas do porto de Ribadeo.

Advírtese que a retirada e varada da embarcación poderá implicar a súa declaración de abandono e posterior incautación, de acordo co previsto na Lei 6/3013, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no Decreto 130/2013, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia