Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica un acto administrativo relativo ao expediente sancionador 2018016AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 28 de febreiro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de modificación de medida provisional adoptada con data do 7 de febreiro de 2018 e confirmada no acordo de inicio do expediente sancionador 2018016AL-LU, incoado a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam) o contido do dito acordo de modificación de medida provisional e documentación relativa, que figura como anexo, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de marzo de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 2018016AL-LU.

Interesado: Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

NIE: X8218433G.

Último enderezo coñecido: posto nº 10 da praza de Abastos de Lugo, rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo.

Acto que se notifica: acordo de modificación da medida provisional de intervención de mercadoría no seguinte sentido: desinmobilización da mercadoría para a súa destrución e retirada por xestor autorizado; e documentación relativa.