Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2018 polo que se autoriza a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Santiago de Compostela na frecuencia 102.1 MHz, da que é titular Editorial Compostela, S.A. a favor de Radio Popular, S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día oito de marzo de dous mil dezaoito,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do oito de marzo de dous mil dezaoito que a continuación se transcribe:

«Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Santiago de Compostela na frecuencia 102.1 MHz da que é titular Editorial Compostela, S.A. a favor de Radio Popular, S.A. Cadena de Ondas Populares Españolas».

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2018

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios