Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da unidade de execución 10 C sita no Temple.

Por Resolución da Alcaldía con data do 23 de marzo de 2018 aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior da unidade de execución 10-C das normas subsidiarias do planeamento de Cambre, sita no Temple, redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, o que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto este instrumento de planeamento como o seu expediente se someten a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo contado a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cambre, 26 de marzo de 2018

Óscar A. García Patiño
Alcalde