Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación IN627A 2015/20-0, no concello de Arzúa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación de gas denominada Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar, no concello de Arzúa (expediente IN627A 2015/20-0), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 26 de marzo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN627A 2015/20-0.

Entidade beneficiaria: Nedgia Galicia, S.A.

Denominación da instalación: rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar.

Concello: Arzúa.

Predio

Lugar

Titularidade

CO-AR-01

Río Vello

Herdeiros de Elena Álvarez Gil