Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o trámite de audiencia na cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2014/00952).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o trámite de audiencia de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avda. Fernández Ladreda, 43, 36203 Pontevedra.

En consecuencia, comunícolle que dispón de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte a esta notificación para formular as alegacións que considere oportunas dirixidas ao Rexistro de Parellas de Feito, avda. Fernández Ladreda, 43, 9º andar, Pontevedra. Logo de transcorrer este prazo sen formular alegacións, ou presentadas estas, continuarase coa tramitación do expediente.

Pontevedra, 5 de marzo de 2018

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2014/00952

Pantaleon Ventura Monegro

SC8643858