Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19644

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da Resolución do 23 de marzo de 2018 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 55, do 21 de marzo de 2018, publicáronse integramente as bases que rexerán os procedementos selectivos correspondentes á oferta de emprego público do ano 2015, para prover as seguintes prazas:

Unha praza de profesor/a de secundaria, área de Física e Química, subgrupo A1, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores.

Unha praza de profesor/a técnico de FP, especialidade de Mecanizado e Mantemento de Máquinas, subgrupo A2, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos de grao medio.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidad coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña e/ou no taboleiro de anuncios da Corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 23 de marzo de 2018

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 21179/2015, do 1 de outubro)
Antonio Leira Piñeiro
Deputado delegado de Persoal da Deputación Provincial da Coruña