Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica un emprazamento relativo ao procedemento ordinario 4028/2018, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa que a continuación se relaciona o emprazamento relativo ao procedemento ordinario 4028/2018, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, contra a Resolución do 11 de novembro de 2017, do recurso de alzada interposto contra os anuncios de licitación e os pregos de cláusulas administrativas particulares do proxecto de ampliación das instalación do IFEVI (clave PO/17/134.40, AT/013/2017 e AT/014/2017).

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para coñecer o contido do acto que se notifica na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Francisco González Varela

Emprazamento