Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19862

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, das obras de reforma dos vestiarios e instalacións no campo de fútbol do Carballal.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Deportes. Nº de expediente 16.962-333.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de obras de reforma dos vestiarios e instalacións do campo de fútbol do Carballal.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro (4) meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 342.720,00 euros. IVE para soportar pola Administración: 71.971,20 euros. Orzamento total: 414.691,20 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si (5% do prezo de adxudicación do contrato, cando a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración).

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou estar en posesión da seguinte clasificación: grupo C (Edificacións), subgrupo 2 (Estruturas de fábrica e formigón), categoría 3. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse o importe, as datas e o destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou estar en posesión da seguinte clasificación: grupo C (Edificacións), subgrupo 2 (Estruturas de fábrica e formigón), categoría 3.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o vigésimo sexto (26) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase p punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación