Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica á entidade a resolución ditada no expediente sancionador en materia de xogo L-8/17.

O día 7 de febreiro de 2018 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e deixar constancia de tal coñecemento.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-8/17.

Entidade imputada: Colectivo Minusválidos Gallegos.

Último enderezo coñecido: rúa do Progreso, 64-baixo, 32003 Ourense.

Data da resolución: 7 de febreiro de 2018.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave artigo 28.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.