Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de convocatoria do procedemento selectivo para a cobertura de dúas prazas de policía local polo sistema de mobilidade e polo procedemento de concurso.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 35, do 20 de febreiro de 2018, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía Local de Galicia, dúas prazas de policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo C1.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 5 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 10.11.2017; BOP núm. 218, do 16 de novembro)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá, Recursos Humanos e Réxime Interior