Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2018 pola que se modifica a Resolución do 15 de marzo de 2018 que, pola súa vez, modifica a Resolución do 2 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da zona centro deste organismo, suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2018/CNTSE).

Na Resolución do 15 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 57, do 21 de marzo, pola que se modifica a Resolución do 2 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da Zona Centro da entidade pública Portos de Galicia, suxeito a regulación harmonizada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 8 de febreiro de 2018, disponse que o prego de prescricións técnicas particulares (PPT) que mediante a dita resolución se modifica e que deixa sen efecto o PPT publicado no perfil do contratante o 2 de febreiro de 2018, poderase obter no devandito perfil do contratante, no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=251585.

Advertido novo erro na cláusula 2.5 do PPT que rexerá a devandita licitación, relativa ao servizo de limpeza da lámina de auga, resulta necesario efectuar a corrección dos datos erróneos recollidos na devandita cláusula.

Mediante a presente resolución dáse publicidade á modificación do contido da referida cláusula do PPT, consistente en substituír a referencia que aparece no seu segundo parágrafo un «máximo de 100 limpezas anuais» pola de «un máximo de 200 limpezas anuais», en concordancia coa información recollida, para o efecto, na última folla do anexo II do PPT, publícase novamente no perfil do contratante o PPT debidamente corrixido e déixase sen efecto o PPT publicado o 15 de marzo de 2018 no perfil di contratante.

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1/ Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 99 52 70.

2/ Enderezo na internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=251585.

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, amplíase en vinte (20) días naturais o prazo de presentación de ofertas previsto para participar na licitación convocada para adxudicar o contrato de servizos de referencia que, tras a modificación publicada no DOG núm. 57, remataba o 10 de abril de 2018 e que, tras a devandita ampliación, finalizará ás catorce (14.00) horas do día 30 de abril de 2018.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

– Data de envío do anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de abril de 2018.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia