Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de sistemas de xestión de espera e licenzas para os servidores das oficinas de emprego (expediente 2017/PA/0069).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: subministración de sistemas de xestión de espera para as oficinas de emprego e diferentes licenzas Microsoft para os servidores das oficinas de emprego instalados na infraestrutura Amtega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 29.9.2017.

DOUE: 28.9.2017.

BOE: 13.10.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 441.457,94 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: subministración de sistemas de xestión de espera para as oficinas de emprego da Xunta de Galicia. Orzamento total de licitación de 303.534,90 € (IVE incluído).

Lote 2: subministración de diferentes produtos Microsoft para os servidores das oficinas de emprego. Orzamento total de licitación de 52.574,50 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 2.2.2018.

Lote 2: 9.12.2017.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 22.3.2018.

Lote 2: 1.3.2018.

c) Contratista:

Lote 1: Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 2: Izertis, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 262.923,85 € (IVE incluído).

Lote 2: 50.516,46 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia