Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2016-0057.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de marzo de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2016-0057.

Interesado: Carlos Manuel Alves Parente.

Acto notificado: segunda multa coercitiva.