Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización do servizo de redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 14/2017 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=190635

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 484.783,10 €.

5. Orzamento base de licitación: Importe neto: 484.783,10 €. Importe total: 586.587,55 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24.11.2017

b) Data de formalización do contrato: 23.3.2018

c) Adxudicataria: IDOM Consulting, Engineering, Architecture, S.A.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 338.040,00 €. Importe total con IVE: 409.028,40 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2018

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda