Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción administrativa na orde social (expediente 44075162D/12/09/2017/2.1.E e catro máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), mediante publicación no Boletín Oficial del Estado, polo incumprimento dos preceptos que se detallan, notifícanse ás persoas interesadas relacionadas no anexo deste anuncio as comunicacións de inicio do procedemento sancionador, por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

En atención ao previsto no artigo 40.5 da LPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se lles fai saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da comunicación de inicio do procedemento sancionador se atopa ao seu dispor, para a súa consulta, nas dependencias da oficina de emprego que lle corresponda, durante o prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Unha vez producida a referida notificación, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, para formular, por escrito, ante a oficina de emprego correspondente, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas. Transcorrido o dito prazo, esta xefatura territorial ditará a correspondente resolución.

O prazo para ditar resolución será de seis meses, desde a data do acordo de inicio do procedemento. Transcorrido o dito prazo, producirase a caducidade do procedemento e ordenarase o arquivamento das actuacións, sen prexuízo de que a Xefatura Territorial de Pontevedra poida instar un novo procedemento, se a acción non estiver prescrita.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.

Vigo, 2 de abril de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Proposta de sanción

Aberlardo Cao

Villanueva

44075162D/12/09/2017/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Eugenio Graña Pazos

53117710S/12/09/2017/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Marlon Yessy

Herrera González

39491203L/16/02/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Félix Martínez Pérez

73057626N/15/09/2017/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Laura Carole Ramil Martínez

33327597E/19/09/2017/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego