Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2000/87/27 e dous máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan, as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso ás resolucións recaídas nos expedientes, as cales son definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 8 de marzo de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Efectos xurídicos

Data da resolución

Orsinio José Fanego Piñeiro

2000/87/27

Cesamento de medida e arquivamente

12.7.2017

Alfredo Montoya Montoya

1999/403/27

Cesamento de medida e arquivamente

19.2.2018

María Jesús Sanjurjo Blanco

2002/235/15

Ausencia de causa para medida e arquivamento

28.2.2018