Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental para o proxecto de instalación dunha caldeira e dunha depuradora para unha planta de ovoproduto nunha granxa de galiñas de posta, sita no lugar de Ximonde, no concello de Palas de Rei (Lugo), promovido por Granja Campomayor, S.L. (expediente 2017/0017).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 9 de marzo de 2018, relativa ao proxecto de instalación dunha caldeira e dunha depuradora para unha planta de ovoproduto nunha granxa de galiñas de posta, sita no lugar de Ximonde, no concello de Palas de Rei (Lugo), promovido por Granxa Campomayor, S.L.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático