Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20543

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.

No marco da reforma da política agrícola común (PAC) ditouse unha nova organización común do mercado, en virtude do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) 922/72, (CEE) 234/79, (CE) 1037/2001 e (CE) 1234/2007 (OCM única), e con relación ao sector vitivinícola prevé medidas de apoio elixibles dentro dun único programa nacional pero cuxo proxecto, de carácter quinquenal, poderá ter en conta as peculiaridades territoriais.

A nivel estatal, na actualidade, o conxunto destas novas medidas inclúese no Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

Neste contexto, a reestruturación e reconversión de viñas mediante plans é unha das medidas admisibles do dito programa de apoio ao sector vitivinícola que en Galicia son obxecto de financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA).

En síntese, estas axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñas son unha continuación de anteriores programas de apoio que, dado os seus positivos efectos estruturais en Galicia, se deben manter e, pola súa vez, priorizar fixando os obxectivos estratéxicos para satisfacer as necesidades peculiares do sector vitivinícola galego.

Ademais, desde o 1 de xaneiro de 2016 e ata 2030, a nivel da Unión é directamente aplicable un novo réxime de autorización para plantación de viñas de vinificación, en substitución do anterior réxime transitorio de dereitos de plantación, que ten a súa transposición no Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidos para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

Artigo 2. Definicións

Os termos utilizados nesta orde coinciden cos establecidos na normativa comunitaria vixente e na lexislación básica estatal. Así mesmo, para os efectos da aplicación desta orde entenderase por:

a) Explotación: todas as unidades utilizadas para actividades agrícolas e administradas por unha persoa agricultora e situadas no territorio español, de acordo coa definición da letra b) do número 1 do artigo 4 do Regulamento (UE) 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos ás persoas agricultoras en virtude de réximes de axudas incluídos no marco da política agraria común e polo que se derrogan os regulamentos (CE) 637/2008 e (CE) 73/2009 do Consello.

b) Viticultor: a persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que cultive a superficie plantada de viñedo, tendo á súa disposición a superficie en cuestión en propiedade, ou en réxime de arrendamento ou parzaría, ou calquera outra forma conforme dereito que poida demostrar mediante documento liquidado dos correspondentes tributos. Tamén se aplicará esta definición á persoa física ou xurídica xa inscrita no Rexistro Vitícola como viticultor dunha superficie plantada de viña en 31 de xullo de 2017. Tamén se denomina cultivador ou colleiteiro.

c) Futuro viticultor: persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, como as comunidades de bens ou as explotacións de titularidade compartida, que sexa titular dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola, e que non sexa viticultor segundo a definición anterior.

d) Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda teña feitos os dezaoito anos e non teña feitos os corenta e un anos, e sexa titular dunha explotación agraria, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

e) Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

f) Arrinca: a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. Esta arrinca inclúe a eliminación tanto do portaenxerto como da parte aérea da planta.

g) Campaña vitícola: campaña que comeza o 1 de agosto de cada ano e remata o 31 de xullo do ano seguinte.

h) Nova plantación: as plantacións para as cales se concede unha autorización de acordo coa porcentaxe da superficie plantada de viña en 31 de xullo do ano anterior, que se pon anualmente á disposición de conformidade co artigo 63 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

i) Acción: aquelas actuacións especificadas no anexo VI como subvencionables, conforme o artigo 9 desta orde.

j) Operación: conxunto de accións tendentes a conseguir a reestruturación e reconversión dunha superficie de viña determinada e incluída na solicitude destas axudas dun viticultor.

k) Operación anual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión, que finalizarán no exercicio financeiro seguinte ao que se solicita a axuda.

l) Operación bianual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión, que finalizarán nos dous exercicios financeiros seguintes ao que se solicita a axuda.

m) Parcela de viña: superficie continua de terreo na cal un só viticultor cultiva a vide, formada por un conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas, representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

n) Plantación non autorizada: plantacións de viña realizadas sen autorización.

o) Propietario: a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, ou ente sen personalidade xurídica, que posúa o dereito real de propiedade sobre a parcela onde se encontra a viña.

p) Sobreenxerto: o enxerto efectuado sobre unha vide xa enxertada con anterioridade.

q) Titular de arrinca: a persoa viticultora a cuxo nome se emite a resolución de arrinca.

r) Titular de autorización: a persoa que ten inscrita a autorización ao seu nome no Rexistro Vitícola.

s) Titular do dereito de plantación: a persoa que ten inscrito o dereito de plantación ao seu nome no Rexistro Vitícola antes do 31 de decembro de 2015.

t) Variedade de portaenxerto: variedade de vide cultivada para a produción de material vexetativo de vide e da cal se obteña a parte subterránea da planta tamén denominada barbado ou patrón.

u) Variedade de uva de vinificación: variedade de vide cultivada, de forma habitual, para a produción de uva destinada á elaboración de viños de consumo humano.

Artigo 3. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Así mesmo, no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023), poderán acollerse a estas axudas os futuros viticultores definidos no artigo 2.c) desta orde.

2. Non poderán ser beneficiarios:

a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.

b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023, para realizar unha operación de reestruturación e reconversión da viña e logo de aprobada, cando houbese que aplicar a ponderación dos criterios de prioridade, renuncien á súa execución ou non a fagan no exercicio indicado na solicitude aprobada, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e nos casos excepcionais que estableza a normativa autonómica.

Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias

Os requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias son:

1. Só poderán figurar nun único plan, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.

2. Ter 18 anos e non superar os 65 anos, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.

4. Ter inscritas, ao seu nome no RVG, as parcelas de viña e/ou as resolucións de arrinca, autorizacións de replantación, dereitos de replantación e/ou autorizacións de plantación por conversión de dereitos que se van incluír nos plans ou, no seu defecto, antes do remate do prazo de solicitude destas axudas, presentar as correspondentes solicitudes para a concesión de autorización de plantación por conversión e/ou de replantación, e sempre antes da caducidade das ditas autorizacións para incluír nestes plans.

5. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

6. Cumprir a normativa nesta materia e, en particular, o novo réxime de plantacións de viña, conforme o Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

7. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicite o pagamento final.

8. Non ter pendente ningún procedemento de recuperación de pagamentos indebidos destas axudas nos tres anos anteriores á convocatoria en curso.

Artigo 5. Plans de reestruturación e reconversión da viña

1. O réxime de axudas á reestruturación e á reconversión de viñas levarase a cabo a través de plans de reestruturación e reconversión, nos cales figurarán as operacións solicitadas.

2. Os plans poderán conter operacións anuais e/ou bianuais, con ou sen anticipo.

3. Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos:

a) Colectivos, constituídos por un mínimo de 5 persoas viticultoras.

b) Individuais.

4. Os plans colectivos executaranse no marco dun acordo subscrito entre todas as persoas viticultoras participantes. Este acordo incluirá a designación dun representante do plan. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispoñer dun técnico agrario (con titulación de enxeñeiro Agrónomo, enxeñeiro técnico Agrícola, ou grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural). O representante do plan poderá exercer como técnico sempre que reúna a titulación exixida.

Artigo 6. Condicións dos plans de reestruturación e reconversión da viña

Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:

1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos unha hectárea (1 ha) para os plans colectivos e 0,2 ha para os plans individuais.

2. O ámbito territorial dos plans non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida será polo menos de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a accións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no Rexistro Vitícola de Galicia.

4. A superficie máxima elixible será de 15 hectáreas por persoa viticultora.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Segundo o indicado no artigo 29 do Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola, a presentación das solicitudes realizarase de maneira electrónica.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código do procedemento MR446A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Nas ditas solicitudes indicarase o tipo de operación que se desexa realizar, anual ou bianual, se solicita anticipo para algunha destas dúas anualidades, así como o detalle das accións subvencionables entre outra información, de obrigado cumprimento con suxeición estrita ao seu calendario de execución, nos termos previstos nesta orde.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Investimentos subvencionables

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.

b) A reconversión varietal.

c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios máximos recóllense no anexo VI desta orde.

2. Non se subvencionará:

a) A renovación normal dos viñedos que chegaran ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

b) As operacións de xestión diaria dun viñedo.

c) A protección contra danos ocasionados pola caza maior, aves ou saraiba.

d) Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.

evVías de acceso e elevadores.

f) Adquisición de vehículos agrícolas.

g) As operacións realizadas con material de segunda man.

h) As novas plantacións de viña concedidas en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

i) As arrincas naquelas superficies onde se empreguen autorizacións de plantación concedidas en virtude dos artigos 66 e 68 do Regulamento (UE) 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non xeradas pola arrinca efectuada na aplicación do plan de reestruturación e con anterioridade á solicitude do plan.

j) O imposto do valor engadido (IVE).

Artigo 10. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables as accións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

Non se aprobarán aquelas solicitudes que na data da inspección inicial a que fai referencia o parágrafo seguinte xa tivesen realizada nalgunha das parcelas unha plantación sen autorización da autoridade competente. Tampouco se subvencionarán aquelas accións que na data da inspección inicial estivesen executadas ou dese comezo a súa execución.

A Consellería do Medio Rural efectuará, con anterioridade á concesión das axudas, unha inspección inicial sobre o terreo dos datos incluídos na solicitude e determinará, en función das características da parcela, a necesidade das accións de retirada de pedras, cambio de sistema de condución, socalcamento e/ou a de nivelación do terreo se estas accións están incluídas no expediente.

Artigo 11. Tramitación e resolución das axudas

1. Cada Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, emitirase o correspondente informe do órgano colexiado, que avaliará a proposta de resolución por aplicación dos criterios de prioridade. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular desta consellería ou en quen delegue, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de cinco meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

4. De conformidade co artigo 33.3 do Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, unha vez coñecidas as dispoñibilidades financeiras para a reestruturación e reconversión de viñedo, acordadas pola Conferencia Sectorial do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, o orzamentario dispoñible para o exercicio Feaga 2019 calcularase da seguinte forma:

a) En primeiro lugar, detraeranse da contra asignada os fondos necesarios para atender os pagamentos pendentes do exercicio en curso ou exercicios anteriores que teñan que efectuarse no exercicio Feaga 2019.

b) Os fondos restantes constituirán o orzamento dispoñible para aprobar as operacións das novas solicitudes cuxos pagamentos deban executar no exercicio Feaga 2019.

Determinado o orzamento dispoñible para as novas solicitudes anuais, poderanse aprobar solicitudes novas de operacións bianuais para financiar no exercicio Feaga 2020. En calquera caso, na aprobación definitiva destas operacións bianuais non se poderá comprometer un importe que supoña máis do 50 % da asignación recibida para o exercicio Feaga 2019, todo iso de conformidade co artigo 34.4 do Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro.

Só se emitirá resolución aprobatoria sobre aqueles plans para os cales existan fondos suficientes e ordenados, de ser o caso, conforme os criterios do artigo 27 desta orde.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o enderezo indicado, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. 4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Unha vez aprobado o expediente, calquera cambio sobre os investimentos (parcelas e/ou accións) que se aprobaron deberá ser solicitado, como máximo, 4 meses antes de que remate o prazo de execución. A autorización destes cambios será anterior á súa execución, e nos casos en que sexa necesario irá precedida da correspondente certificación de non inicio. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos e/ou gastos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

O prazo para resolver estes cambios será de 1 mes. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización esta non se produce, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

2. Malia o disposto no número anterior, calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de obxectivos ou conceptos, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa.

Permitirase o cambio da variedade aprobada por outra recomendada na Comunidade Autónoma de Galicia ou o cambio do portaenxerto aprobado por outro que tamén sexa certificado. Estas modificacións, que deberán ser comunicados polo beneficiario xunto coa solicitude de pagamento da axuda, non precisan nova resolución de aprobación.

3. Para que se lle autorice a unha nova persoa viticultora a subrogación dos dereitos e obrigas derivados da axuda concedida, esta nova persoa deberá cumprir os requisitos exixidos para ser beneficiaria das axudas e asumir os compromisos adquiridos pola anterior viticultora a quen se lle concedeu a axuda.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade os investimentos para os cales ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos cales a solicita, e a axuda recalcularase segundo corresponda á redución do investimento.

5. Para modificar a resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

6. A consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 14. Recursos administrativos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución for expresa.

Artigo 15. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 16. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro total nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) O beneficiario que incumpra a obriga de manter en cultivo as superficies acollidas a estas axudas un período mínimo de dez campañas contadas desde a campaña seguinte á cal solicitou o pagamento final, deberá devolver a axuda percibida máis os xuros legais devindicados desde a data do pagamento, salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, ou nos casos de expropiacións.

3. No caso de que o beneficiario percibise un anticipo superior á axuda definitiva, deberá reembolsar a diferenza.

4. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.

d) Enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade dos cultivos do beneficiario.

e) Expropiación da totalidade o dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

5. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, se produza un cambio de titularidade da explotación, e o novo viticultor asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do dito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 17. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

2. Se o viticultor non executa a operación na superficie total para a cal se lle aprobou a axuda, terase en conta a diferenza entre a superficie aprobada e a superficie realmente executada determinada polos controis sobre o terreo. Se esta diferenza non supera o 20 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo. Se a diferenza é superior ao 20 %, pero igual ou inferior ao 50 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo e reducida no dobre da diferenza comprobada. Porén, non terá dereito á axuda no caso de que esta diferenza de superficie supere o 50 %.

3. No caso de que o solicitante presente a solicitude do anticipo fóra do prazo correspondente, a axuda que lle corresponda reducirase nun 20 %, salvo causas de forza maior recollidas no artigo anterior.

4. No caso de que o solicitante presente a solicitude de pagamento fóra do prazo correspondente, a axuda que lle pertence reducirase nun 20 %, salvo causas de forza maior recollidas no artigo anterior.

5. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

6. Se se constatar que unha persoa beneficiaria, en calquera momento ao longo de tres anos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ao ano natural en que se producise o primeiro pagamento da axuda en virtude da presente orde, non respectou na súa explotación os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais á que se refiren os artigos 91, 92, 93, 94 e 95 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e este incumprimento se deba a unha acción ou omisión imputable directamente ao beneficiario, o importe da axuda reducirase ou cancelarase, parcial ou totalmente, dependendo da gravidade, alcance, persistencia e repetición do incumprimento, e o beneficiario deberá reintegralo, se procede. Para os efectos deste control de condicionalidade, deberase dispor de información actualizada sobre as referencias alfanuméricas Sixpac de todas as parcelas que forman parte da explotación da persoa beneficiaria.

Artigo 18. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 19. Transparencia, bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 20. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións de concesión ou denegación da axuda, e esta publicación producirá os efectos das notificacións, sen prexuízo do disposto no artigo 12.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural http://www.mediorural.xunta.gal.

Artigo 21. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) Data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir a factura como do destinatario das operacións.

f) Descrición das operacións, con consignación de todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estean incluídos no dito prezo unitario.

g) Tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) Cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, que deberá consignarse por separado.

i) Data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura). O IVE non será subvencionable.

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Partida do orzamento auxiliable e, que poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que esta admita a desagregación en distintos conceptos.

3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da factura e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento, e non se admitirán pagamentos en metálico.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a) Xustificante bancario do pagamento beneficiario (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

Artigo 22. Medición das superficies reestruturadas e/ou reconvertidas

Para determinar a axuda a que ten dereito a persoa viticultora pola reestruturación e/ou reconversión dunha superficie de viñedo e, de ser o caso, pola arrinca dunha superficie de viñedo dentro do plan e a compensación por perda de renda derivada deste, atenderase ao disposto no artigo 37.10 do Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro de 2018, que establece que unha superficie plantada de viñedo se define mediante o perímetro externo das cepas máis unha marxe cuxa largura corresponda á metade da distancia entre as filas.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 23. Convocatoria

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) para a súa execución anual ou bianual, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 24. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Artigo 25. Documentación complementaria necesaria para a tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, de ser o caso.

b) Anexo II: datos do plan colectivo, de ser o caso.

c) Anexo II-bis, de ser o caso.

d) Anexo III: acordo subscrito entre as persoas viticultora integrantes do plan, só para os plans colectivos.

e) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela onde se vai reestruturar e/ou reconverter a viña.

f) Anexo IV: relación Sixpac das parcelas agrícolas que integran a explotación.

g) Cartografía vixente cos datos identificativos dos recintos Sixpac incluídos na solicitude, tanto dos iniciais, se se incorpora ao plan co viñedo sobre o terreo, como dos finais onde se vai situar a parcela reestruturada, cando esta non coincida coa inicial ou cando achega ao plan autorizacións de replantación e/ou de plantación de viña por conversión de dereitos de plantación.

h) Informe de vida laboral, no caso de cumprir co criterio do artigo 27.d).

i) Para aquelas solicitudes cuxo peticionario sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil, pacto de indivisión de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á cal solicitou o pagamento final.

j) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

k) Tres orzamentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 26. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) DNI/NIE da persoa representante do plan colectivo (se fose o caso).

e) DNI/NIE da persoa técnica do plan colectivo (se fose o caso).

f) Certificado da renda (IRPF).

g) Datos catastrais das parcelas.

h) Certificación descritiva e gráfica das parcelas.

i) Estar ao día de pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

j) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

k) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

l) Comunicación ou autorización de cambio de actividade forestal a agrícola.

m) Informe do xefe do servizo territorial correspondente da consellería competente en materia de agricultura responsable dos traballos de concentración parcelaria, acerca de que a operación de que se trate non supón ningún prexuízo para o proceso.

n) Título oficial universitario da persoa técnica do plan colectivo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, no anexo II ou no anexo II-bis de ser o caso, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 27. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade, obxectivos e non discriminatorios, adicionais aos establecidos a nivel nacional, con base na estratexia xeral desta medida e nos obxectivos estratéxicos fixados pola Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Superficie reestruturada de viña baixo o ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) maior do 50 % da superficie pola cal se solicita axuda: 5 puntos.

b) Viticultor con seguro agrícola para a uva de vinificación contratado: 4 puntos.

c) Agricultor mozo: 3 puntos.

d) Agricultores profesionais. No caso de persoa xurídica, polo menos o 50 % de socios deberán ter esta consideración: 3 puntos.

e) Presentación dun plan colectivo: 2 puntos.

f) Viticultor que, como resultado da reestruturación, realiza un proceso de concentración de superficie nunha única parcela: 2 puntos.

g) Mulleres viticultoras. No caso de persoa xurídica, polo menos o 50 % de socios mulleres: 1 punto.

h) Explotacións agrarias prioritarias: 1 punto.

i) Explotacións de titularidade compartida: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse segundo a orde indicada no punto anterior.

3. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 28. Contía económica das axudas

As axudas poderán ser de:

a) Compensación por perda de ingresos: o importe da compensación por perda de renda que se aplicará a todas as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nesta orde é de 1.627,50 €/ha e campaña. Concederase durante dúas campañas. Non terán dereito á compensación por perda de ingresos aquelas superficies reestruturadas coa achega dunha autorización de plantación non xerada na aplicación do plan de reestruturación, nin cando procedan dunha arrinca efectuada con anterioridade á solicitude da axuda do plan.

Cando a operación que se leve a cabo sobre unha parcela de viña sexa a sobreenxerta ou o cambio de sistema de condución, concederase a compensación por perda de ingresos para esa superficie por unha soa campaña.

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña: a participación nos custos é do 50 % dos gastos subvencionables, resultado de aplicar esta porcentaxe aos importes máximos establecidos para cada unha das accións recollidas no anexo VI, ou ben ao orzamento presentado cando sexa inferior do dito importe máximo.

Artigo 29. Prazo de execución e xustificación

1. O prazo de execución e xustificación destas axudas será:

a) Para os plans con operacións anuais, o prazo límite de execución e xustificación remata o 31 de xullo de 2019, inclusive.

b) Para os plans con operacións bianuais, o prazo de execución remata o 31 de xullo de 2020, inclusive. Establécese o período entre o 16 de outubro de 2019 e o 31 de xullo de 2020, como o prazo para solicitar o pagamento das operacións bianuais.

c) O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a concesión da axuda.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 30. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e das cales se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando se dite resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento.

3. Ademais, para solicitar o pagamento as persoas beneficiarias deberán contar coas autorizacións administrativas requiridas.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non executarase na súa totalidade os investimentos para o cales se lle concedeu a axuda, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos executados, ademais de figurar exclusivamente a relación das parcelas da explotación que finalmente fosen reestruturadas ou reconvertidas, xunto coa superficie obxecto de reestruturación ou reconversión.

5. Os investimentos elixibles xustificaranse coa seguinte documentación:

a) No caso de sobreenxerto, factura da procedencia do material vexetal de vide empregado na plantaenxerto para o cambio da vinífera, por tratarse de plantas con regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro.

b) No caso de desinfección de solo, copia da ficha dos tratamentos fitosanitarios da explotación en que figure rexistrada esta aplicación.

c) Nas implantacións de viñedo en terreo que non tivese este uso, solicitude de modificación de uso no Sixpac.

d) Declaración responsable do solicitante da axuda de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración pública.

e) Facturas e xustificantes de pagamento.

Artigo 31. Anticipo

As persoas viticultoras ás cales o investimento lles exixa pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo polo 50 % da axuda aprobada cando constitúan unha garantía por un importe do 110 % da cantidade que se vai aboar no anticipo.

Unha vez executada a operación relacionada co anticipo, achegará a correspondente declaración de gastos (anexo V).

Artigo 32. Financiamento

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 13.03.713C 772.1, cun importe de douscentos mil euros (200.000 €) para o ano 2018, de setecentos mil euros (700.000 €) para o ano 2019 e de cincocentos mil euros (500.000 €) para o ano 2020. En total, un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €).

2. A dita aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. A concesión de pagamento destas axudas realizarase con cargo ao crédito asignado para tales efectos na Conferencia Sectorial do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Disposición adicional primeira. Réxime xurídico

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto na normativa da organización común dos mercados (OCM única) con relación ao sector vitivinícola e nas súas modificacións posteriores, da Unión, básica estatal e autonómica, así como na Lei xeral de subvencións e na Lei de subvencións de Galicia, en particular:

– Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola.

– Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:

Consellería do Medio Rural/Secretaría Xeral Técnica,

Edificio Administrativo San Caetano,

San Caetano, s/n,

15781 Santiago de Compostela (A Coruña),

ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal.

Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda a través de correo electrónico dirixido a fondos.europeos.facenda@xunta.gal.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para executar esta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Accións subvencionables en reestruturación e reconversión da viña en Galicia

Actividade

Acción

Importes máximos subvencionables

A) Reimplantación de viñas

1. Arrinca (incluída a recollida de cepas)

430 €/ha

2. Preparación do solo

– Labra profunda

400 €/ha

– Emenda orgánica e/ou mineral (incluída a aplicación)

700 €/ha

– Labra superficial

300 €/ha

3. Desinfección (1)

2.000 €/ha

4. Retirada de pedras (2)

400 €/ha

5. Nivelación do terreo

800 €/ha

6. Socalcamento (3)

19.000 €/ha

7. Socalcamento con muras de pedra en pendentes superiores ao 30 % (3)

30.000 €/ha

8. Planta e plantación (4)

– Factura de planta (plantas enxertadas e/ou enxertos das xemas en campo sobre portaenxertos certificados)

1,33 €/ud.

– Plantación

0,36 €/ud.

9. Protección individual, arredor da planta, contra coellos no momento da plantación (incluída a colocación) (5)

– Factura protectores

0,37 €/ud.

– Colocación protectores

0,13 €/ud.

10. Sistemas de condución (incluída a colocación) (6)

– Espaller

3.400 €/ha

– Estacada

5.000 €/ha

– Parra ou similar

15.000 €/ha

– Elevación individualizada (7)

1 €/ud

B) Reconversión de viñas

1. Sobreenxerta

0,9 €/ud

C) Mellora de

técnicas de xestión de viñas

1. Cambio de sistema de condución

600 €/ha + sistema de condución

Non se financiarán accións de forma illada, exceptuando a sobreenxerta e/ou o sistema de condución entendido como técnica de mellora da xestión da viña.

(1) Unicamente será elixible a desinfección do terreo cando o produto empregado estea autorizado no Rexistro de Produtos e Materiais Fitosanitarios. A persoa ou empresa que efectúe o tratamento deberá ter a cualificación adecuada e, no caso de que sexa unha empresa a que o realice, figurará inscrita no Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO). A necesidade de realizar unha desinfección do terreo xustificarase achegando unha análise microbiolóxica de solo realizada por un laboratorio recoñecido. Será obrigatorio comunicar por escrito á oficina agraria comarcal que lle corresponda, con polo menos dez días de antelación, a data e hora en que se realizará esta acción, así como o produto que se vai empregar e a persoa ou empresa que levará a cabo a aplicación, achegando a copia do contrato neste último caso. No caso de non ser comunicado no prazo establecido, non se procederá ao pagamento desta acción aínda que se levase a cabo.

(2) O técnico da OAC que realice a acta de non inicio informará da pertinencia ou non desta accción segundo o estado do terreo.

(3) Acción de socalcamento: serán elixibles as accións de socalcamento cando a pendente media da parcela sexa igual ou superior ao 10 % e a mura, no caso de non deixar o noiro de terra, se constrúa a base de materiais propios da zona.

Para establecer o investimento elixible desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico agrario (con titulación de enxeñeiro Agrónomo, enxeñeiro técnico Agrícola, ou grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural), que inclúa:

i. Localización e pendente media da parcela.

ii. Características construtivas: unidades de obra e materiais en que se realizará a mura, planos cos perfís lonxitudinais e curvas de nivel, planos de planta e perfil das muras previstas e número de socalcos.

iii. Orzamento detallado, onde figure un estudo dos custos dos traballos que se van desenvolver, desagregando materiais e man de obra, e calendario previsto de execución e finalización.

En pendentes do 30 % ou menores no caso de non deixar noiro de terra, estará realizada por cachotaría ou muras tipo crebaondas de pedras acordes coa tipoloxía da contorna.

Non serán subvencionables o incremento na altura das muras nin a súa reconstrución.

Os importes máximos desagregados segundo a pendente son os seguintes:

Pendente do terreo

Importes máximos €/ha

Cachotaría

Muras tipo crebaondas

Terra

10-18 %

11.250

10.188

9.594

19-22 %

13.750

12.452

11.726

23-26 %

16.250

14.716

13.858

27-30 %

19.000

16.980

15.990

31-34 %

22.712

22.712

15.990

35-38 %

25.384

25.384

15.990

>38 %

30.000

30.000

15.990

(4) A factura da plantaenxerto ten que estar expedida por un viveiro autorizado. Poderanse, tamén, admitir as facturas emitidas por comerciantes que figuren no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de produtos vexetais (ROPCIV), que veñan acompañadas da copia cotexada da factura do viveiro autorizado ao comerciante. De ser o caso, poderá solicitarse que se acheguen tamén as etiquetas da planta empregada, pero en ningún caso se subvencionarán as plantas portaenxerto (barbados ou patróns) de forma illada sen certificarse a completa realización da enxerta aprobada coa vinífera recomendada.

Acreditación oficial de que o viveiro está autorizado cando non sexa español.

Os portaenxertos que se empreguen serán da categoría certificada e procederán de viveiros legalmente autorizados ou de comerciantes rexistrados no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de produtos vexetais (ROPCIV).

A densidade mínima de plantación será de 833 plantas por hectárea e a máxima admitida será de 7.000 plantas/ha, sen prexuízo de respectarse os límites dos regulamentos específicos das denominacións de orixe protexidas (DOP) ou indicacións xeográficas protexidas (IXP) como «viño da terra», só no caso de que as súas producións se destinen á obtención dos viños con DOP/IXP de Galicia.

(5) Os protectores subvencionables son proteccións para cada planta nova ou reenxertada no pé.

(6) Cando o sistema de condución previsto para a parcela reestruturada sexa emparrado ou similar, o solicitante deberá achegar unha descrición do dito sistema.

Non se pagarán os sistemas de condución solicitados e aprobados que, no momento da comprobación sobre o terreo, non teñan colocados os postes coa altura adecuada a cada sistema de condución e todos os pisos de arame (espaller: ata 1,4 m de altura e 2 pisos; estacada: máis de 1,4 m e 3 pisos ou máis).

(7) A elevación individualizada consiste nunha estaca ou rodriga vertical de madeira tratada e cunha duración mínima de dez anos, de altura superior a 1,5 metros e diámetro mínimo de 6 cm. Os gomos basais da cepa dispóñense arredor desta estaca desde os 50-60 cm. A vexetación crece en todas as direccións.

Unha vez finalizada a medida, as variedades das parcelas incluídas no plan serán só das clasificadas como recomendadas para a Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa clasificación do anexo VII.

ANEXO VII

Variedades de uva de vinificación recomendadas en Galicia

Cód.

Vinífera, cor*

214

Agudelo, B

106

Albariño, B

555

Branca de Monterrei, B

125

Brancellao, T

147

Branco lexítimo, B

112

Caíño branco, B

556

Caíño bravo, T

557

Caíño longo, T

213

Caíño tinto, T

363

Castañal,T

123

Dona Branca, B

118

Espadeiro, torneiro, T

110

Ferrón, T

109

Godello, B

334

Lado, B

111

Loureira, loureiro branco, marqués, B

162

Loureiro tinto, T

53

Mencía, T

302

Merenzao, María Ordoña, T

126

Mouratón, T

128

Pedral, dozal, T

113

Sousón, T

107

Torrontes, B

105

Treixadura, B

* B: branca, T: tinta

Variedades de portaenxerto

Cód.

Nome

2

R. de Lot.

3

196-17 CL

4

6 736 CL

5

161-49 C

7

3 309 C

8

41B M

9

420A M

10

31 R

11

99 R

12

110 R

13

5 BB T

19

333 EM

20

BCI

21

1616 C

22

13-5 EVEX

23

5A MZ

24

19-62 M

25

1 103 P

26

140 Ru

27

S04

28

101-14M