Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:
No presente procedemento seguido por instancia de Caixabank, Sociedad Anónima fronte a Enrique Toucido Dios ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza número 177/2017.
En Pontevedra o 19 de decembro de 2017.
Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 530/2016 por instancia de Caixabank, Sociedad Anónima representada polo procurador señor Portela Leirós e baixo a dirección letrada do señor Medina González, fronte a Enrique Toucido Dios, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade e exercicio de dereito real de hipoteca.
Decido que estimo a demanda interposta polo procurador señor Portela Leirós e representación de Caixabank, Sociedad Anónima contra Enrique Toucido Dios, e acordo:
1. Declarar o vencemento anticipado da total obriga de pagamento do contrato de crédito hipotecario concertado por escritura pública do 8 de setembro de 2016.
2. Condenar a Enrique Toucido Dios a pagar a Caixabank, Sociedad Anónima a suma de 114.362,55 euros, máis os xuros remuneratorios pactados na devandita escritura sobre 111.564,49 euros desde o 14 de xullo de 2016 ata o seu completo pagamento.
3. Ordenar a realización do dereito de hipoteca constituído naquela escritura mediante a venda en poxa pública do inmoble hipotecado.
4. As custas procesuais impóñense a Enrique Toucido Dios.
Notifíquese a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra esta poderá interpoñerse recurso de apelación, ante este xulgado no prazo de vinte días.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.
Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».
E encontrándose o devandito demandado, Enrique Toucido Dios, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Pontevedra, 31 de xaneiro de 2018
A letrada da Administración de xustiza