Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación do auto de aclaración da sentenza dos autos número 312/2017.

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 312/2017 por instancia de Elena Cajigal García contra Méndez Pérez Hermanos, S.L. (desistida), Sanmar Niños, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou auto de aclaración de sentenza, con data do 22 de novembro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

A Coruña, 23 de outubro de 2017.

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 312/2017, en que foron parte, dun lado, como demandante, Elena Cajigal Fariña, asistida pola letrada Sra. Ferro Sánchez e, doutro, como demandadas, as empresas Sanmar Niños, S.L., representada polo Sr. Méndez Pérez, e Méndez Pérez Hermanos, S.L. (desistida), que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Elena Cajigal Fariña presentou ante este xulgado, con data do 3 de abril de 2017, demanda en que, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza en que se declarase a improcedencia do despedimento, co conseguinte aboamento da indemnización legalmente prevista para tal declaración.

Feitos probados.

Primeiro. Elena Cajigal Fariña vén prestando servizos para a empresa Sanmar Niños, S.L. con antigüidade do 16 de xuño de 2006, categoría de oficial 2ª, operaria de confección, percibindo un salario de 545,25 euros, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias.

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Elena Cajigal Fariña fronte ás empresas Sanmar Niños, S.L. e Méndez Pérez Hermanos, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Sanmar Niños, S.L. á traballadora.

Declárase extinguida a relación laboral que une a traballadora coa mercantil Sanmar Niños, S.L.

Condénase a empresa Sanmar Niños, S.L. ao aboamento á demandante da indemnización de sete mil novecentos setenta e catro euros con trinta e sete céntimos de euro (7.974,37 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Méndez Pérez Hermanos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza