Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21208

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 842/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 842/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Daniel Varela dos Santos contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 139/2018

PO. Procedemento ordinario 842/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Andrés Daniel Varela dos Santos

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandados: Fogasa, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Sentenza nº 139/2018

En Santiago de Compostela o 26 de marzo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais), baixo o número 842/2016, nas cales é parte demandante Andrés Daniel Varela dos Santos, asistido polo graduado social Sr. Carballo Jardón, que actúa en substitución do seu compañeiro letrado Sr. Vales Raña, e en que son partes codemandadas a mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito este edicto con base no seguinte:

Resolvo que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por Andrés Daniel Varela dos Santos, asistido polo graduado social Sr. Carballo Jardón, contra a mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e contra o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil agora demandada a aboar a favor do traballador Andrés Daniel Varela dos Santos a cantidade de 1.374,51 euros (en concepto de salario do mes de outubro do ano 2015// composto por salario base+complemento de transporte+complemento de vestiario//+parte proporcional das pagas extraordinarias do ano 2015+parte proporcional das vacacións non desfrutadas do ano 2015)+ a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por mora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que lle poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas coa advertencia de que esta é firme e que contra ela non cabe ningún recurso ordinario, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais.

A xuíza substituta

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza