O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro das facultades que lle confire a Orde do 25 de xaneiro de 2012, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade das seguintes actuacións en licitación e potencialmente cofinanciables por fondos da Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación.
Obras de restauración das fachadas da igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos (Lugo), cun orzamento base de licitación de 185.887,69 €, IVE excluído.
Obras de actuacións de conservación e de mellora da accesibilidade do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil (Ourense), cun orzamento base de licitación de 188.456,02 €, IVE excluído.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
As actuacións indicadas no punto 2.b) anterior son potencialmente cofinanciables nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020:
Obxectivo temático 06: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
Prioridade de investimento 06.03: conservación, protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural.
Obxectivo específico 06.03.01: promover a protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural.
Actuación CPSO (criterios e procedementos de selección de operacións) 6.3.1.1: intervencións no patrimonio cultural.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria