Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 20912

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 24 da Resolución do 7 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da subvención: as subvencións teñen como finalidade promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galegas das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que comporta o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Norma reguladora: Resolución do 7 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 35, do 20 de febreiro).

Aplicación orzamentaria: 04.30.312C.470.0. dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2017.

Crédito orzamentario: 200.000 euros.

Persoas beneficiarias da subvención de contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida:

Persoas beneficiarias

Importe concedido

Aaron Díez Pujales

5.000,00 €

Adriana Asorey Souto

6.000,00 €

Alfonso Serrano Clemente

4.175,00 €

Ana María López González

5.000,00 €

Bruno Varela González

5.000,00 €

Carlos Emilio Pecka Valencia

5.000,00 €

Carlos Vidal Malvar

4.143,80 €

Emilio Manuel Pérez Varela

4.000,00 €

José Sampayo Domínguez

4.000,00 €

Juan Manuel Diéguez Paradela

4.000,00 €

Juan Manuel Pérez Álvarez

4.000,00 €

Karina Iglesias Vieito

6.000,00 €

Lisbeth Rodríguez Mata

4.950,90 €

Manuel Ángel González Fernández

3.889,00 €

Manuel Antonio Nogueira Muñoz

3.023,19 €

Marcos Seijas Paredes

5.000,00 €

María José Loira Gago

6.000,00 €

Mirla Mercedes Blanco Martínez

3.084,95 €

Mónica Díaz Blanco

5.000,00 €

Mónica Fernández Radio

5.000,00 €

Óscar Fernández González

5.000,00 €

Rafael Pérez Lamigueiro

4.000,00 €

Vanessa Lucía Vázquez Rey

4.523,24 €

Yvonne Marisol Estévez da Silva

4.091,96 €

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración