Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura no concello de Cangas do Morrazo.

Para os efectos previstos no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: Manuel Fernández Morán.

Tipo: criadeiro.

Proxecto: instalación dun establecemento de acuicultura en terra para a cría de semente de moluscos bivalvos.

Localización: Lugar de Vilanova-O Hío, Cangas do Morrazo (Pontevedra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica