Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficiacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requerimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avda. da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.
Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.
Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 22 de marzo de 2018
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente |
Interesado |
DNI/Equivalente |
PR204A 2018/352-3 |
Carlos Rodríguez Alves |
44446538G |
PR204A 2018/402-3 |
Alexander Fernández Rascado |
44493132T |
PR204A 2018/599-3 |
Carlos Rodríguez Alves |
44446538G |
PR204A 2018/745-3 |
Gladis Melgar Acosta |
6380613 (pasaporte) |
PR204A 2018/745-3 |
Adrián Nicolás Parra Triana |
34634557F |