Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 8 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Lousame (expediente IN407A 2017/176-1).

Expediente: IN407A 2017/176-1.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: LMTAS 20 kV e CT 400 kVA servizos auxiliares, subestación Lousame.

Concello: Lousame.

Características técnicas:

O orzamento inclúe gastos xerais, beneficio industrial e IVE.

Liña eléctrica aérea de MT 20 kV de 1.290 metros, condutor nu AL-AC tipo 47-ALI/8ST1A (LA56), entre punto de entroncamento derivado da rede de Unión Fenosa Distribución, S.A. TA2803 e as proximidades da nova subestación de Lousame (IN407A 2009/471-1).

Liña eléctrica soterrada de MT 20 kV de 73 metros, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al + H16, desde o final da liña antes citada e ata a cela do CT proxectado.

Centro de transformación en edificio de superficie prefabricado instalado no límite da nova subestación de Lousame. Albergará armario de medida visitable desde exterior de subestación e separado de cela de liña, de protección e de medida, cadro de BT, cables de BT, cadro de control e transformación de 400 kVA 24/20 kV-B.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 8 de febreiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/176-1.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: LMTAS 20 kV e CT 400 kVA servizos auxiliares, subestación Lousame.

Concello: Lousame.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Parcela

Proxecto

Propietario

Polígono

Parcela

Servidume

de paso de liña soterrada

(m2)

Servidume de voo (m2)

Zona de seguridade

(m2)

Apoios e arquetas

Superficie de apoios e anels de terra (m2)

Superficie de cortas (m2)

Código de acesso ao apoio (m2)

Superficie de servidume de acesso (m2)

Ocupación temporal (m2)

Natureza do terreo

1

Monte Veciñal en Man Común Fontefría

7

37

2.307

965

T-1, T-2

20

353

T-1.0, T-2.0

992

1.230

Eucaliptus/labor secaño

2

Concello de Lousame

6

9001

67

24

Vía de comunicación

3

Monte Veciñal en Man Común Fontefría

6

94

4.361

1.732

T-3, T-4

18

235

T-3.0, T-4.0

1.160

1.232

Labor secano/arboredo

4

Monte Veciñal en Man Común Fontefría

504

115

691

350

T-5

9

T-5.0

196

616

Labor secaño

5

Concello de Lousame

504

9016

54

22

Vía de comunicación

6

Monte Veciñal en Man Común Fontefría

504

3003

3.317

1.163

T-6

9

1.509

T-6.0

356

616

Labor secaño/arboredo

7

Concello de Lousame

504

9013

33

21

Vía de comunicación

8

Monte Veciñal en Man Común Fontefría

504

112

216

1.360

899

T-7, T-8, T-9 arqueta 1, arqueta 2

55

142

880

1.220

Monte baixo/arboredo

9

Concello de Lousame

504

9014

22

Vía de comunicación