Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1432/2017-COP e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1432/2017-COP e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 6 de abril de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1432/2017-COP

Elvira Miranda Blanco

76509057V

Proposta

Avenida Constitución, s/n, Portosín, Porto do Son

PSC-CO-1485/2017-PPM

Marcial Rivas Piñeiro

52937367S

Proposta

Riveiriña, 5, rúa 2, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-0032/2018-TRA

Valentín Fernández Muñiz

53481305A

Proposta

Pombais, 26, Cabo de Cruz, Boiro