Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/as interesados/as que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 4 de abril de 2018

María Villar Suárez
Jefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 11421.

Interesado: Muhammad ---, Yasin.

DNI/NIE/PAS: JS6804331.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa da Curralada, nº 10, A Veiga de Cascalla (Santa Cruz), 32310 Rubiá.

Nº de expediente: 12120.

Interesada: Olivia da Silva, Silvani.

DNI/NIE/PAS: FP115237.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa das Tapadas, nº 30, 1º, 32600 Verín.

Nº de expediente: 13145.

Interesado: Gil Barrios, Harold Steven.

DNI/NIE/PAS: Y5508403D.

Derradeiro enderezo coñecido: avda. do Conde de Fenosa, nº 44, 1º, 32300 O Barco de Valdeorras.