Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de abril de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, ditada nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso sen prexuízo de que o interesado poida interpor calquera outro que considere oportuno.

Ourense, 10 de abril de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Viajes y Ocio Balea.

Titular: Actividades de Ocio y Turismo Balea, S.L.

Enderezo: avenida Buenos Aires, 19, local 31.

Concello: Ourense.

Resolución: 16.3.2018.