Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2018-0056 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 5 de abril de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2018-0056.

Interesado: Miguel Borja Borja.

Acto notificado: acordo de iniciación.

Expediente: CO-RES-2018-0062.

Interesado: Bernardo Romero Romero.

Acto notificado: acordo de iniciación.