Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2015/138/27 e catorce máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan, as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso ás resolucións recaídas nos expedientes, as cales son definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 22 de febreiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

Antonio José Leite de Sousa

2015/138/27

Derivación a recurso

28.3.2017

Antonio José Leite de Sousa

2015/139/27

Derivación a recurso

28.3.2017

José Fernández Blanco

2006/160/27

Derivación a recurso

8.11.2016

Servando José González Barreiro

2015/77/27

Mantemento de medida

Mantemento de medida e recurso

21.7.2017

22.10.2017

Servando José González Barreiro

2015/78/27

Mantemento de medida

Mantemento de medida e recurso

21.7.2017

22.10.2017

Servando José González Barreiro

2015/79/27

Mantemento de medida

21.7.2017

Servando José González Barreiro

2015/80/27

Mantemento de medida

21.7.2017

Servando José González Barreiro

2015/81/27

Mantemento de medida

21.7.2017

Servando José González Barreiro

2015/82/27

Mantemento de medida e recurso

22.12.2017

Servando José González Barreiro

2015/83/27

Mantemento de medida e recurso

22.12.2017

Iderlindo Martíns Varela

2016/72/27

Concesión de recurso

17.2.2017

María Manuela Alonso Martínez

2016/20/27

Derivación a recurso

24.2.2017

María Julia Solla Rodríguez, Alberto Ares Rodríguez

2003/67/27

Concesión de recurso

10.4.2017

César Afonso Rodríguez, María Paz Lombardero Rico

2004/5/32

Cambio de recurso, cambio de recurso

18.12.2017

7.2.2018

Yurany Macías Tabares

2007/159/27

Derivación a recursos

18.1.2018