Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 9 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente tramitado por esta entidade 2018/39-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Advírteselle que, de non o facer, se terá por notificada.

Advírteselle que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 9 de marzo de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

1. Número de expediente: 2018/39-36.

– Interesada: Zuraida Halima Plaatjes.

– DNI: descoñecido.

2. Acto que se notifica: resolución administrativa do 26 de febreiro de 2018.

3. Efectos xurídicos que produce a resolución: adopción de medida administrativa.