Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2017/181/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada, que se indica no anexo no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada. Advírteselle que no prazo de quince (15) días desde o día seguinte á notificación do inicio do trámite de audiencia terase por cumprido.

Lugo, 21 de febreiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017/181/27.

Persoa interesada: Coumba.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 20 de febreiro de 2018.