Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, da subministración de enerxía térmica útil e do mantemento das instalacións de calefacción e produción de auga quente das diversas instalacións deportivas dependentes da Concellaría de Deportes.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Deportes. Nº de expediente: 1.538-611.

2. Obxecto do contrato: a subministración de enerxía térmica útil e o mantemento das instalacións de calefacción e produción de auga quente (AQS) das diversas instalacións deportivas dependentes da Concellaría de Deportes, relacionadas no anexo I do prego de prescricións técnicas particulares.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: tres (3) anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 182.799,21 euros. IVE para soportar pola Administración: 38.387,83 euros. Orzamento total: 221.187,04 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou, no caso de que o contrato se licite por lotes, ao lote ou lotes a que presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior á anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, núm. 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación