Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21850

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 13 de abril de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG número 100, do 29 de maio) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 238, do 15 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.4. da orde da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 4 de abril de 2018, superaron o cuarto exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de vinte (20) puntos.

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal